Consulta a nova guía que desenvolvemos para a automatización da túa xestión con TURESPAZO
Requisitos
No ano 2017 aprobouse o Decreto 12/2017 que obriga ao rexistro das vivendas de uso turístico para poder alugalas por períodos curtos.
Ademáis o 1 de xaneiro de 2020 entrou en vigor unha modificación na regulación de vivendas de uso turístico segundo a cal é obrigatorio publicar o número de rexistro en calquera canle de promoción e informar dos datos de ocupación da vivenda.
Cales son os requisitos e servizos mínimos que ten que cumprir a miña vivenda para dedicala a vivenda de uso turístico?
Estar amoblada e dotada dos aparellos necesarios para a súa utilización inmediata.
Contar con calefacción, agás que se alugue no verán (xuño-setembro).
Teléfono 24 horas por si xurde algunha incidencia na vivenda.
Servizo de asistencia e mantemento da vivenda.
Dispoñer dun rótulo informativo da dispoñibilidade de follas de reclamación e ter copia da declaración responsable que deberán exhibirse nun lugar visible.
Modificación Lei de Propiedade Horizontal
Se a túa vivenda esta en un edificio, de acordo á Lei Orgánica 1/2025 , a partir do 3 de Abril de 2025 terás que presentar un documento acreditativo da autorización da Comunidade de propietarios. requirirá o voto favorable das tres quintas partes do total dos propietarios que, á súa vez, representen as tres quintas partes das cotas de participación.
É dicir, a autorización/aprobación deberá contar co apoio do 60% dos propietarios, que, á súa vez, representen o 60% das cotas de participación.
Consulta en nuestras preguntas frecuentes : Modificación Lei de Propiedade Horizontal
Rexistro
Antes de comezar a alugar a túa vivenda como vivenda de uso turístico debes rexistrar a propiedade, e para iso tes que comunicar a alta á Axecia Turismo de Galicia.
Podes facelo nos rexistros públicos ou por internet na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Debes seguir estes 4 pasos:
Pagar unha taxa de 60,98 € á Comunidade Autónoma de Galicia.
Que códigos hai que ter en conta para cubrir a taxa?
Código da Consellería: 04 Presidencia, Xustiza e Turismo
Código da Delegación: Varía según a delegación da Xunta de Galicia: A Coruña: 10 | Ferrol: 11 | Ribeira: 12 | Ordes: 14 | Lugo: 20 | Ourense: 30 | Vilalba: 22 | Pontevedra: 40 | Vigo: 41 |
Vilagarcía de Arousa: 42 | Servicios centrales: 13
Código de Servizo: 07 Axencia Galega de Turismo
Denominación da taxa: Vivenda de Uso Turístico
Código da taxa: 311901
Comunicarllo á Axencia Turismo de Galicia (Xunta de Galica) a través dunha declaración responsable de inicio de actividade.
No modelo de declaración responsable, que se atopa no Anexo V do Decreto 12/2017, antes citado (achégase ao final desta guía), o propietario da vivenda de uso turístico manifesta ter no seu poder os seguintes documentos:
Propiedade
Documento acreditativo de ser o propietario da vivenda.
Seguro
Dispor de seguro de Responsabilidade Civil (RC) para aloxamento vacacional.
Licenza
Que a vivenda conta con licenza de primeira ocupación ou cédula de habitabilidade. En caso de non dispoñer de ningún destes documentos ten que solicitar do seu concello un informe que certifique que a súa vivenda non ten ningunha infracción urbanística.
Por vía telemática:
- Na sede electrónica da Xunta de Galicia , se dispón de certificación electrónica
- A través do Rexistro do teu Concello se este dispón de Portelo Único
Presencialmente:
- En calquera delegación provincial da Axencia Turismo de Galicia
Se a túa vivenda está situada no concello de A Coruña, Pontevedra ou Santiago de Compostela: debes realizar estes 2 trámites complementarios:
Solicitude de inicio de actividade
Comprobar que a túa vivenda cumpre coa normativa urbanística do teu concello
Comercialización da túa vivenda en plataformas en liña
Desde o 01 de xullo de 2025, para poder alugar a túa vivenda a través de plataformas en liña nas que o pago se realice de forma telemática (por exemplo: Booking, Airbnb…), ademais de cumprir co Decreto 12/2017 do 26 de xaneiro, tamén debes ter o Número de Rexistro de Alugueiro (NRA) anual de acordo ao Real Decreto 1312/2024 do 23 de Decembro.
Para cumprir con este requisito debes solicitar o Número de Rexistro de Alugueiro (NRA) para o teu inmoble ou unidade, o cal permite levar a cabo a súa oferta nas plataformas en liña de alugueiro de curta duración.
Libros de Rexistro
O ultimo requisito para que a súa vivenda cumpra integramente a normativa é a relativa aos LIBROS DE REXISTRO DE ENTRADA E SAÍDA DE VIAXEIROS.
Á súa chegada á vivenda, todos os viaxeiros maiores de 16 anos deberán cubrir e asinar o seguinte modelo oficial de FOLLA-REXISTRO.
Debes seguir estes 3 pasos:
O propietario deberá identificalos polo seu DNI ou pasaporte e cubrir a data de entrada á vivenda.
Deberán remitir as FOLLAS-REXISTRO dos viaxeiros á Policia Nacional ou a Garda Civil, en función de quen teña as competencias no seu concello.
As FOLLAS-REXISTRO deberán estar numeradas e agruparse en libros ou cadernos entre 100 e 500 follas, e conservarse durante 3 anos ao dispor dos membros de Forzas e Corpos de Seguridade do Estado que poidan requirilas.
Pódese informar do contido da FOLLA-REXISTRO de maneira telemática dándose de alta en:
Aviturga, a Axencia Turismo de Galicia, AMTEGA e as empresas PARTEE e KROSS BOOKING, impulsamos unha integración tecnolóxica que permite remitir simultaneamente os datos de ocupación ao Ministerio do Interior e a TURESPAZO.
Datos de ocupación
Dende o 1 de xaneiro de 2020 é obrigatorio publicar o número de rexistro en calquera canle de promoción físico ou dixital.
As empresas turísticas ou as persoas propietarias que comercialicen as vivendas de uso turístico deberán trimestralmente comunicar os datos de ocupación.
TURESPAZO
A Axencia Turismo de Galicia habilitou TURESPAZO, unha plataforma na que darse de alta e, dunha maneira moi sinxela, introducir os datos de ocupación.
Integración / Automatización con TURESPAZO
Desde Aviturga, en colaboración coa Axencia de Turismo, a Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), a empresa de Check-in PARTEE e o Channel Manager Kross Booking, impulsamos unha integración tecnolóxica que permite aos usuarios PARTEE remitir simultaneamente datos de ocupación a SES.HOSPEDAXES e Turismo de Galicia.
