LEGALICIATE » Preguntas frecuentes
Preguntas frecuentes
Pregunta o que necesites, en Legalíciate temos a resposta para todas as túas preguntas.
Legalíciate respóndeche as preguntas frecuentes que os propietarios e propietarias adóitanse facer á hora de legalizar as súas vivendas de uso turístico (VUTs)
Rexistro telemático de viaxeiros/as
O 1 de novembro de 2023 o Ministerio do Interior comunicou a ampliación do período de adaptación á nova plataforma SES.HOSPEDAXES ata o 1 de outubro de 2024 polo que continúan vixentes todos os sistemas de transmisión válidos ata o de agora.
Compartimos a ligazón coa información completa aquí.
Cales son os requisitos e servizos mínimos que ten que cumprir a miña vivenda para seren de uso turístico?
- Estar amoblada e dotada dos aparellos necesarios para a súa utilización inmediata.
- Contar con calefacción en todas as dependencias de uso da clientela, que deberá funcionar sempre que a temperatura ambiente o requira, agás que se alugue exclusivamente no verán (xuño-setembro).
- Número de teléfono 24 horas para atención ao/á usuario/a turístico/a por si xurde algunha incidencia na vivenda.
- Servizo de asistencia e mantemento da vivenda.
- Rótulo informativo da dispoñibilidade das follas de reclamación de turismo e ter a copia da declaración responsable de inicio da actividade onde conste o rexistro de entrada que deberán exhibirse nun lugar visible e facilmente accesible para as persoas usuarias.
Podo alugar a miña vivenda de uso turístico por habitacións?
Non. En Galicia o Decreto 12/2017 do 26 de xaneiro, polo que se establece a ordenación de apartamentos turísticos, vivendas turísticas e vivendas de uso turístico na Comunidade Autónoma de Galicia prohíbe o aluguer das vivendas por habitacións. Só se poden alugar vivendas completas.
Se quero alugar a miña vivenda de uso turístico por habitacións como podo facer?
Ten que darse de alta como pensión e cumprir a normativa vixente para pensións.
Por que teño que rexistrar a miña vivenda de uso turístico para poder alugala?
Para alugar unha vivenda de uso turístico tes que cumprir o Decreto 12/2017 do 26 de xaneiro, polo que se establece a ordenación de apartamentos turísticos, vivendas turísticas e vivendas de uso turístico na Comunidade Autónoma de Galicia. Se non a rexistras, estás alugando “ilegalmente” e facendo competencia desleal aos que si están rexistrados.
Que pasa si alugo sen ter a vivenda de uso turístico rexistrada?
Que te arriscas a ser sancionado/a con multas conforme á Lei 7/2011, do 27 de outubro do turismo de Galicia. Poderán ser impostas ao propietario/a e a persoa ou empresa que a comercializa.
Si reservo un alugueiro nunha vivenda, como sei si é legal?
Todas av vivendas de uso turístico teñen un código de inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma de Galicia.
O código de inscrición dispón dunhas sinaturas dependendo das provincias nas que se atope.
- Provincia da Coruña o código comeza por VUT-CO-XXXXXX
- Provincia de Lugo o código comeza por VUT-LU-XXXXXX
- Provincia de Ourense o código comeza por VUT-OU-XXXXXX
- Provincia de Pontevedra o código comeza por VUT-PO-XXXXXX
Pode un particular denunciar que unha vivenda de uso turístico se está a alugar sen estar rexistrada?
Calquera cidadán pode poñer en coñecemento das autoridades competentes a realización dunha actividade de xeito fraudulento.
Follas de rexistro de viaxeiros/as
Pódese informar do contido da FOLLA-REXISTRO telemáticamente dándose de alta en:
A nova web HOSPEDAJES SES do Ministerio– (Guia de activación)
Automatiza o rexistro e a comunicación dos libros de rexistro:
Aviturga, a Axencia Turismo de Galicia, AMTEGA e as empresas PARTEE e KROSS BOOKING, impulsamos unha integración tecnolóxica que permite remitir simultaneamente os datos de ocupación ao Ministerio do Interior e a TURESPAZO.
É fácil detectar unha vivenda de uso turístico que alugue de xeito ilegal?
Si, todas as vivendas de uso turístico teñen a obriga de publicar o correspondente código de inscrición en todos os portais de reservas físicos e dixitáis. Os inspectores de Turismo comproban de xeito constante que os alugueiros cumpran coa normativa vixente.
Modificación Lei de Propiedade Horizontal
O 3 de abril de 2025 entrou en vigor a modificación da Lei de Propiedade Horizontal que establece que as comunidades de veciños deberán dar o visto e prace expreso á instalación de novas vivendas de uso turístico nos seus edificios. Trátase dunha modificación normativa -Lei Orgánica 1/2025- impulsada pola ministra de Vivenda e Axenda Urbana, Isabel Rodríguez, co obxectivo de “empoderar aos veciños” e preservar a función social da vivenda.
Máis información en: https://www.boe.es
Que é a declaración responsable de inicio de actividade de vivenda de uso turístico, comunicación de modificacións e cesamento de actividade?
É un documento que podes atopar no Anexo V do Decreto 12/2017 do 26 de xaneiro, polo que se establece a ordenación de apartamentos turísticos, vivendas turísticas e vivendas de uso turístico na Comunidade Autónoma de Galicia no que o propietario da vivenda de uso turístico declara os seus datos, os datos da vivenda de uso turístico que aluga, datos da persoa física ou xurídica que a comercializa. Se a vivenda de uso turístico a comercializa máis dunha persoa física ou xurídica deberá cubrir o Anexo VIII.
Ademais na declaración responsable a persoa solicitante declara estar en posesión de:
- Documento acreditativo da personalidade xurídica do/da solicitante.
- Título ou contrato que probe a libre dispoñibilidade por parte do/da titular da vivenda de uso turístico.
- Título suficiente para comercialización da vivenda de uso turístico por parte da persoa ou empresa que a comecializa, se é o caso.
- Dispoñer de seguro de Responsabilidade Civil (RC) para VUT
- Que a vivenda de uso turístico conta con licenza de primeira ocupación ou cédula de habitabilidade ou certificado final de obra expedido por persoal técnico competente no que se acredite que as obras se executaron de conformidade coa licenza municipal outorgada ou certificado municipal que acredite que a edificación reúne as condicións técnicas e urbanísticas para o seu destino a vivenda, ou informe municipal ou autonómico competente, acreditativo de que non se adoptaron medidas de restauración de legalidade urbanística ou ambiental.
Onde podo presentar a declaración responsable?
Por vía telemática:
- Na sede electrónica da Xunta de Galicia , se dispón de certificación electrónica
- A través do Rexistro do teu Concello se este dispón de Portelo Único
Ou presencialmente:
- En calquera delegación provincial da Axencia Turismo de Galicia
Se hai modificacións na declaración responsable teño que comunicalas?
Calquera cambio na declaración responsable é obrigatorio comunicalo cubrindo o ANEXO V no apartado DATOS QUE SE MODIFICAN.
Canto custa rexistrar a miña vivenda?
A taxa da Axencia Turismo de Galicia é de 60,98 € para o ano 2023.
A taxa actualízase cada ano.
Teño que pagar esta taxa todos os anos?
Non. Págase unha vez para sempre.
Onde se paga a taxa?
Por vía telemática:
Na oficina virtual de Atriga, (Axencia Tributaria de Galicia):
Ou presencialmente:
Relación de entidades financieiras colaboradoras coa Axencia Tributaria da Xunta de Galicia:
- Abanca
- Banco Caixa Geral
- Banco Sabadell
- Banco Santander
- Bankia
- BBVA
- Caixabank
- Caja Rural Galega
- Caja Rural Zamora
- Evo Banco
- Ibercaja
- Targobank
Que códigos hai que ter en conta para cubrir a taxa?
- Código da Consellería: 04 Presidencia, Xustiza e Turismo
- Código da Delegación: Varía segundo a delegación da Xunta de Galicia:
A Coruña 10 / Ferrol 11/ Lugo 20 / Ourense 30 / Pontevedra 40/ Vigo 41 / Vilagarcía de Arousa 42 / Servizos Centrais 13 - Código de Servizo: 07 Axencia Turismo de Galicia
- Denominación da Taxa: Vivenda de Uso Turístico
- Código da Taxa: 311901
Que é o CRU dunha vivenda?
O CRU dunha vivenda, ou Código Rexistral Único, é un número de identificación alfanumérico de 14 díxitos que identifica de maneira exclusiva a cada inmoble rexistrado en España.
Como se obtén o CRU?
Atópase na escritura de compravenda ou no recibo do IBI. En caso de non aparecer o máis sinxelo é solicitar unha Nota Simple no Rexistro da Propiedade, xa sexa de forma presencial ou telemática a través da web do Colexio de Rexistradores.
Podes acceder a Rexistradores da Propiedade aquí:
Están en vigor a taxas turísticas municipais da Coruña e Santiago ?
Si e son de obrigado cumprimento pendente da resolución á demanda/denuncia interposta por Aviturga.
Más información en: Taxas Turísticas
Que son as taxas turísticas?
A taxa turística é un imposto municipal que os establecementos de aloxamento (hoteis, hostais, vivendas de uso turístico, apartamentos turísticos, pensións e cámpings) deben cobrar aos hóspedes por cada noite de estancia.
Actualmente están en vigor no concello de A Coruña e no de Santiago de Compostela, e son de obrigado cumprimento (pendente da resolución á demanda/denuncia interposta por Aviturga).
Máis información en: Taxas Turísticas