Legaliza
a túa VUT
Vivenda de Uso Turístico
Aviturga, a Axencia Turismo de Galicia, AMTEGA e as empresas PARTEE e Kross Booking, impulsamos unha integración tecnolóxica que permite remitir simultáneamente os datos de ocupación ao Ministerio do Interior e a TURESPAZO.








Legalizar a túa
vivenda é sinxelo
Aviturga e a Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo.
Esta campaña é unha iniciativa conxunta da Asociación de Vivendas Turísticas de Galicia (Aviturga) e a Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo para rematar coa ilegalidade no sector.
Consellos prácticos
Por que legalizar
a miña vivenda?
Cumpre a normativa
LEGALÍCIATE achégate ás guías e ferramentas que necesitas para legalizar a túa Vivenda de Uso Turístico (VUT) dunha forma rápida e sinxela para desenvolver a túa actividade cumprindo coa normativa vixente.
Ten a túa vivenda de uso turístico limpa, sé amable cos teus clientes, ten pequenos detalles, estate sempre localizado/a. Son requisitos claves para ser un bo anfitrión ou anfitrioa.
As vivendas de uso turístico son aloxamentos con moita demanda polas condicións de comodidade e seguridade que ofertan. É preciso modernizar e actualizar estas vivendas para cubrir as demandas dos turistas.
Comercializa a túa vivenda nas redes
Ter presenza na internet é sinónimo de chegar a milleiros de persoas no mundo, de multiplicar o número de reservas e os teus ingresos. Só cumprindo coa normativa podes optar a unha comercialización competitiva da túa vivenda de uso turístico.
Resolvemos as túas dúbidas
Visita a sección de preguntas frecuentes

Guía interactiva
para anfitrións/as
No ano 2017 aprobouse o Decreto 12/2017 que obriga ao rexistro das vivendas de uso turístico para poder alugalas por períodos curtos.
Ademáis o 1 de xaneiro de 2020 entrou en vigor unha modificación na regulación de vivendas de uso turístico segundo a cal é obrigatorio publicar o número de rexistro en calquera canle de promoción e informar dos datos de ocupación da vivenda.
Todo en
4 sinxelos
pasos
Requisitos da vivenda
Ha estar coidada e adecentada
- Estar amoblada e dotada dos aparellos necesarios para a súa utilización inmediata
- Contar con calefacción, agás que se alugue no verán (xuño-setembro)
- Teléfono 24 horas por si xurde algunha incidencia na vivenda
- Servizo de asistencia e mantemento da vivenda
- Rótulo informativo da dispoñibilidade de follas de reclamación e ter copia da declaración responsable que deberán exhibirse nun lugar visible.
- Si a túa vivenda está nun edificio, debes presentar un documento acreditativo da autorización da Comunidade de Propietarios (apoio > 60%).
Rexistro da túa VUT
En Turismo de Galicia
Antes de comezar a alugar como vivenda de uso turístico debes rexistrar a propiedade, e para iso tes que comunicar a alta a Turismo de Galicia. Podes facelo nos rexistros públicos ou por internet na sede electrónica da Xunta de Galicia, aportando:
- Pago da Taxa (60,98€) a Turismo de Galicia
- Comunicación á Axencia Turismo de Galicia – Anexo V: Declaración responsable
- En A Coruña, Pontevedra e Santiago: Solicitude de inicio de actividade e cumprir ca normativa urbanística.
- Para comercializar a túa vivenda en internet con pagos en liña: Solicitar o Número de Rexistro de Aluguer (NRA)
SES.Hospedaxes
Informar do contido do libro de rexistro
O ultimo requisito para que a súa vivenda cumpra integramente a normativa é a relativa aos LIBROS DE REXISTRO DE ENTRADA E SAÍDA DE VIAXEIROS.
Á súa chegada á vivenda, todos os viaxeiros maiores de 16 anos deberán cubrir e asinar o modelo oficial de FOLLA-REXISTRO.
Automatiza o rexistro e a comunicación dos libros de rexistro coa nova integración de Partee e Kross Booking con TURESPAZO
Datos de ocupación
Comunicar os datos de ocupación
Dende 2020 é obrigatorio publicar o número de rexistro en calquera canle de promoción físico ou dixital.
As empresas turísticas ou as persoas propietarias que comercialicen as vivendas de uso turístico deberán trimestralmente comunicar os datos de ocupación.
A Axencia Turismo de Galicia habilitou TURESPAZO, unha plataforma na que darse de alta e, dunha maneira moi sinxela, introducir os datos de ocupación.
Automatiza a comunicación dosdatos de ocupación coa nova integración de Partee e Kross Booking con TURESPAZO

Legalíciate é
moi sinxelo
Dar de alta a túa Vivenda de Uso Turístico e alugala cumprindo cos requisitos esixidos na normativa vixente en Galicia,
é doado e rápidoo.